Hoxe xoves pola tarde está comezando o primeiro Campionato de España en piscina de 50 metros que se celebra na cidade de A Coruña. Trátase do Campionato de España de categoría Alevín e o Club Natación Sarval Arteixo terá a súa representación coa nadadora Nerea Iglesias.
Esta nadadora, recentemente gañadora de dúas medallas no Campionato Galego de Cervo, participará en dúas probas para as que acadou as mínimas durante esta tempada. Nadará a proba de 100 libre o venres e a proba de 100 braza o sábado. Será co sistema de eliminatorias pola mañá e finais pola tarde.
A competición celébrase na Casa da Auga, así que teremos cerca a Nerea para enviarlle todo o noso ánimo. Sabemos que este evento será un éxito, esperando que esta piscina se converta así nun dos referentes para celebrar este tipo de competicións.
Coma sempre poderemos estar ó día dos seus resultados na páxina da federación onde aparecen horarios, resultados e finais.
¡¡Sorte Nerea, e noraboa por ter chegado ata aquí!!