A nadadora Eva Sánchez Bello, de doce anos, viaxa mañán a Tarragona para participar esta fin de semana no Campionato de España de categoría Alevín.
Nadará o 200 costas, proba na que obtivo mínima no recente e exitoso Campionato Galego en Ourense. Esta proba celébrase o domingo, con eliminatorias pola mañán e finais pola tarde.
Poderemos estar atentos/as ó seu resultado no enlace:
Sorte e a disfrutar…!!