Campionato de España Absoluto

O Club Natación Arteixo ten unha vez máis, participación no Campionato de España Absoluto de Inverno. A Nadadora Noelia Gómez acadou a mínima durante a tempada pasada para a proba de 200 braza, quedando este ano moi preto das de 100 braza e 100 estilos.

Este importante evento celébrase esta fin de semana en Sabadell, e Noelia nadará o sábado en sesión de mañá. Alí atoparase cos mellores nadadores/as a nivel nacional, co listón moi alto coas marcas acadadas polo equipo feminino que viaxou a Doha ó Campionato do Mundo, entre elas a nadadora de Ribeira María Vilas.

Desexámoslle a Noelia dende o Equipo do Natación Arteixo o mellor para este campionato. Podedes consultar series e resultados no seguinte enlace: Web do Campionato