Onte rematou o último e máis importante evento desta tempada, o Campionato de España Absoluto Open de verán que se viña celebrando en Terrassa dende o sábado día 3. Alba Gómez Mesías, a nadadora do noso club máis detacada neste tipo de citas, participou con gran éxito en catro probas, nas que acadou catro mellores marcas persoais e 3 postos de finalista.
Nesta ocasión Alba centrouse nas probas de crol. Estreouse o domingo nadando o 50 libre, proba na que acadou unha boa marca e os postos 25º absoluto e 9º absoluto mozo. O luns competíu unha gran carreira na sesión de mañán no 400 libre, acadando a súa MMP (mellor marca persoal) e entrando na Final B. Fixo unha final espectacular, chegou primeira e rebaixou o seu rexistro da mañán, 4.22.86, acadando o 9º posto absoluto e o 3º de absoluta moza.
O martes tocoulle o turno a unha proba complicada para entrar na final, pero Alba fixo boa marca na sesión de mañán, acabando así a sexta Praza da final B. Nesta final, baixou o seu mellor registro persoal , e con un tempo de 58.09, acadou o 13° posto absoluto e o 6º absoluto mozo.
Esta nadadora rematou de forma impresionante este campionato, xa que o último día, o mércores, nadou moi ben a proba de 200 libre nas eliminatorias, entrando na final A. Esta final, estivo reñida e Alba soubo defendela ata a última brazada, facendo a súa MMP, 2.03.88 e acadando o 4º posto absoluto e o 2º absoluto mozo.
Alba disfruta xa das súas merecidas vacacións con un tremendo remate de tempada. Mellores marcas, moi bos postos a nivel nacional e varias mínimas absolutas que xa lle aseguran ó acceso ós campionatos da vindeira tempada.
Este evento marca tamén o final da tempada 2018/2019 para todo o Club Natación Arteixo, disfrutade tod@s do merecido descanso para coller “carrerilla” e comezar a tope en setembro.