Campionato de España Absoluto. Resultados

Os participantes do CNA no Campionato Absoluto de Inverno en Piscina de 25 metros voltan con moi boas sensacións e ganas de seguir traballando de cara ó seguinte trimestre da tempada. Moitas ganas e actitude moi competitiva convertíronse en boas marcas para Alba, Mateo e Miguel en Sabadell esta fin de semana, destacando tres MMG de 17 anos de Mateo.

O Campionato celebrouse en Sabadell, dende o venres 16 ata o domingo 18, en dúas sesións cada día, sen finais. Os participantes viñan dun ciclo competitivo bastante duro, por iso sabían que tiñan que poñer máis ilusión e bos detalles para suplir o posible cansancio.

Alba Gómez nadou catro probas, acadando os seguintes postos: 13º en 200 libre, 14º en 100 libre, 22º en 100 bolboreta e 29º en 50 bolboreta, con marcas moi salientables sobre todo nas probas de crol. Miguel Ángel Gómez, de categoría absoluto mozo, nadou as tres distancias de braza, acadando o 54º en 200 braza, 64º en 100 braza, e 72º en 50.

Moi salientables son os resultados de Mateo García, aínda de categoría junior, e que acadou as súas mellores marcas persoais neste campionato, conseguindo ademáis 3 MMG (Mellores Marcas Galegas) de 17 anos, nas probas de 200 libre (1.51.01), 31º posto; de 400 libre (3.54.73), 15º posto; e 800 libre (8.06.96) , 12º posto. Tamén participou na proba de 1500 libre, na que rematou en 10º posto absoluto.

Estes nadadores pasan a centrarse agora no adestramento e nas competicións de Piscina de 50 metros, xa que este nadal teremos un período sen eventos deportivos, o que nos permitirá centrarnos en seguir mellorando o día a día de todo o Equipo.

Noraboa Alba, Mateo e Miguel!!

Resultados