Esta fin de semana celébrase en Sabadell o Campionato de España Absoluto en Piscina de 25 metros. O Club Natación Arteixo terá a participación de 3 deportistas con un total de once probas. O evento será contrarreloxo, sen finais, e durará dende o venres 16 ata o domingo 18 en sesións de mañán e tarde.
Os nosos representantes son Alba Gómez, Mateo García e Miguel Ángel Gómez, que terán un calendario bastante apretado de probas. Comezamos o venres na sesión de mañán con Alba inaugurando o campionato coa proba de 100 libre e Mateo co 1500 libre. Esa mesma tarde Miguel estreáse en 50 braza. O sábado volve a inaugurar Alba nadando o 200 libre, seguida de Mateo con 400 libre e Miguel 100 braza. A tarde do sábado será para o 200 libre de Mateo e o 50 bolboreta de Alba. A última xornada será con Alba 100 bolboreta e Miguel 200 braza pola mañán, e Mateo remata o evento para o Arteixo co 800 libre.
Estes tres nadadores veñen de acadar moitos éxitos no Campionato Galego celebrado en Lugo a finais de novembro, e tratarán de mellorar as súas marcas persoais nesta primeira cita a nivel nacional da presente tempada.
Este campionato será retransmitido en streaming a través da plataforma Dailymotion.
Ánimo e sorte Alba , Mateo e Miguel!!