Campionato de España Absoluto

Mañán xoves comeza o LXIII Campionato de España en Piscina de 25. Este evento é a primeira gran cita da tempada a nivel nacional, será en Gijón, na Piscina do Club Natación Santa Olaya, e durará ata o domingo, con un total de 4 xornadas con sesión de eliminatorias pola mañán e de finais pola tarde.  O Club Natación Arteixo estará representado neste importante evento por Alba Gómez Mesías e Paula Otero Fernández.

Alba nadará 50, 100, 200, 400 libre e 200 estilos. Paula nadará 200, 400, 800 libre, 400 estilos e 200 bolboreta. Esta competición é moi importante para a élite da natación española, xa que del sairá a selección para participar no Campionato de Europa que se celebrará en Glasgow.

As nosas nadadoras viaxan con moita ilusión a esta primeira competición nacional, sendo ademáis a única en piscina corta.

Así que Ánimo de todo o CNA!!

Podemos seguir os resultados na web do campionato e velo en streaming directo nos seguintes enlaces:

Web do Campionato

Xoves AMXoves PMVenres AMVenres PMSabado AMSabado PMDomingo AMDomingo PM