A nadadora Alba Gómez Mesías, viaxa mañá a Barcelona para asistir á primeira cita nacional da tempada. Asiste ó Campionato de España Absoluto en Piscina de 25 metros, que terá lugar na piscina do Club Natación Barcelona dende o xoves 15 ata o domingo 18. Participará nun total de cinco probas: 50, 100 e 200 braza, 100 libre e 200 estilos. A competición constará de eliminatorias e finais.
Unha vez máis Alba é a abanderada do noso Club, o seu maior exponente, así que lle enviamos todo o noso ánimo para que disfrute a tope deste primeiro campionato importante, e que será para ela a plataforma de saída desta nova tempada que será a segunda como nadadora de categoría absoluta.