Campionato de España Absoluto

Mañán mércores 11 de xullo comeza o Campionato de España Junior e Absoluto de verán, durará ata o  domingo día 15 e será na sevillana vila de Mairena del Aljarafe. A nadadora Alba Gómez Mesías, nadará un total de cinco probas. Será un momento importante para esta gran nadadora que en inverno conseguiu ser medallista no Open de Málaga.

Alba estreará o campionato nadando o mércores pola tarde a proba de 50 braza, con final durante a mesma tarde. O xoves nadará 400 estilos, venres 100 braza, sábado 200 braza e domingo, rematará participando no 200 estilos. Este campionato constará de eliminatorias e finais, polas que Alba loitará en tódalas xornadas.

Nesta tempada na que Alba cursou segundo de bacharelato con éxito, non baixou o seu nivel de adestramento en ningún momento, por iso agora desexámoslle que disfrute do campionato e de facer o que máis lle gusta, COMPETIR.

Podemos estar ó día dos resultados a tempo case real na páxina web da RFEN.

Web do Campionato

Ánimo e sorte Alba!!