Campionato de España Absoluto

Mañá venres día 16 de decembro comeza en Sabadell a primeira cita importante da tempada a nivel nacional, o Campionato Absoluto de Inverno en piscina de 25 metros. Reuniranse neste evento os mellores deste deporte a nivel estatal, e o Club Natación Arteixo terá a súa representación con Alba Gómez e Noelia Gómez.

A nadadora Virginia Naya, tamén acadou mínimas en tres probas para este campionato, pero non acudirá por motivos de estudios.

Alba e Noelia competirán o sábado e o domingo, Noelia en 100 e 200 braza, Alba en 100, 200 braza e 200 estilos, proba coa que remataremos o domingo pola tarde.

Desexamos a estas nadadoras unha boa competición!!

Podedes estar ó día dos resultados de todo o evento no seguinte enlace:

Web do Campionato