Campionato de España Absoluto

Este mércores día 11 de xuño comeza o Campionato de España Open Trials Absoluto de Verán. Será en Palma de Mallorca e durará ata o domingo día 15. O Club Natación Arteixo viaxa a este evento con tres nadadores, Alba Gómez, Mateo García e Miguel Ángel Gómez, que participarán nun total de oito probas do calendario competitivo.

Alba participa en 100 bolboreta, 50, 100, 200 libre e 200 estilos; Miguel as probas de 100 e 200 braza; e Mateo só na proba de 1500 libre, xa que despois trasládase a Sierra Nevada para participar nunha concentración co Equipo Nacional de Augas Abertas.

Podemos estar ó día dos resultados e toda a información no enlace que deixamos a continuación, e o evento será retransmitido por Teledeporte.

Ánimo e Sorte!!

Web do Campionato