Campionato de España

Dende mañán día 25 de xuño ata o domingo 28 celébrase en Mallorca o Campionato de España de Verán de categoría absoluta. Será na Piscina de Son Hugo e o Club Natación Arteixo terá a presencia de tres deportistas. Paula Otero e Mateo García, os nosos fondistas máis internacionales, que nadarán as probas de 400, 800 e 1500 libre que serán o xoves, venres e domingo, e Miguel Ángel Gómez, que nadará 200 braza o venres.

Todo está xa listo para poder asistir tamén en directo en RTVE Play, a esta importante competición na que se dan cita os mellores nadadores e nadadoras. Terá eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. Deixamos a continuación toda a información.

Ánimo e Sorte!!

Web do Campionato