Campionato Alevín. Resultados

Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego Alevín de Clubs. O Club Natación Arteixo obtivo bos resultados, sobre todo en canto a actitude de equipo. Estamos entre os dez mellores de Galicia e sabemos que iremos a máis, se seguimos adestrando ben, xa que seguro que en verán teremos máis participantes e farémolo aínda mellor.

Este era un Campionato por Clubs, onde o principal era a clasificación do equipo, que foi da seguinte forma: masculina 9º, feminina 8º e na conxunta 7º posto. Grandes resultados para estes 11 nadadores/as, que destacaron sobre todo pola súa actitude de equipo, gran compañeirismo, ánimo continuo, apoio incondicional… isto fai a este grupo grande, e suporá de seguro, que mellore cara o campionato de verán, aumentando en número e calidade de participantes.

As remudas, que participamos en todas, acadaron os seguintes postos: 4×100 libre, 9º masculino, 12º feminino; 4×200 libre, 8º masculino, 10º feminino; 4×100 estilos, 7º masculino, 6º feminino.

E deixamos para o final, pero non é menos importante, que tivemos dúas medallistas con un total de seis metais na categoría de 12 anos. Eva Sánchez, ouro en 100 e 200 costas, prata en 100 libre e bronce en 400 libre. Carmela Lareo obtivo bronce nas probas de 100 e 200 braza.

Noraboa a tod@s por estes resultados… a seguir mellorando!!

Resultados Medalleiro