Campionato Alevín. Resultados

Esta fin de semana celebrouse en Santiago o Campionato Galego Alevín de Inverno. O Equipo do Club Natación Arteixo estivo composto por 5 nadadoras (Aloia, Daniela, Marta, Martina e Elisa), e 3 nadadores (Manuel, Krisztofer e Mateo), que fixeron un moi bo campionato no que tod@s melloraron as súas MMP (mellor marca persoal).

Na clasificación por equipos acadamos os seguintes postos: 27º masculino, 19º feminino e 25º conxunto. A nivel individual o posto máis meritorio foi para Daniela Dasilva con un 4º posto de 11 anos na proba de 800 libre.

Un gran ambiente competitivo entre o grupo, de ánimo entre os compañeir@s foi o máis salientable para o noso grupo, que esperamos siga superándose para aumentar a súa participación de cara ó Campionato de verán.

Noraboa polos Resultados!!

Resultados