Calendario e Lotería

¡Xa temos CALENDARIO 2015 do Club Natación Arteixo!!

Como sabedes, no calendario aparecen tod@sos nosos deportistas, en grupo, individual… e máis sorpresas para adornar o novo ano que se aveciña.

O prezo de venda é de 10 euros, e podedes adquirilo na oficina en horarios de adestramento, dende hoxe pola tarde.

Por outra banda, lembrade que o prazo para mercar lotería e para entregala na oficina, remata o luns 15 de decembro.

Se aínda non tes o teu número da sorte, date presa…