Benvidos/as á nova Web

Estreamos páxina Web, na foto temos a antigua da que nos despedimos para darlle a benvida ós novos tempos de aniversario do Club Natación Arteixo.

Navegade explorando as novidades, se atopades algo que non funciona ou non está correcto, informade por correo electrónico e agardade con paciencia, xa que iremos facendo pequenos cambios e melloras durante un tempo.

Como novidades máis destacadas están, a publicación das convocatorias das competicións (como as do tablón da Piscina Municipal), un catálodo coa equipación oficial do club, unha nova sección Máster…

Dedícadelle un rato, e ante todo Felicidades Club Natación Arteixo, dez anos desta páxina web… e vaia cumpreanos.