Dende o Club Natación Arteixo e o Concello de Arteixo vémonos na responsalbilidade de CANCELAR a Travesía de Suevos que estaba previsto celebrar o domingo 1 de agosto. O motivo é o ascenso exponencial dos casos positivos de Covid na área sanitaria de A Coruña e de Galicia en xeral. Esperamos que a situación mellore, e mentres tanto é importante minimizar os riscos.
Sentimos as molestias que esta decisión poida causar, pero sabemos tamén que o sentido común acompaña a toda a nosa comunidade deportiva.