Asamblea Xeral Ordinaria de Socios/as

O vindeiro venres 25 de outubro celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria de socios/as do Club Natación Arteixo. Será no Pazo dos Deportes ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria.

Puntos da orde do día:

1- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.

2- Balance deportivo.

3- Balance  contable da tempada 2012/2013 e aprobación se procede.

4- Orzamentos da tempada 2013/2014 e aprobación se procede.

5- Propostas da Xunta Directiva e Socios.

6- Rogos e preguntas.

Os socios/as poderán enviar as súas propostas ou suxestións por escrito, ben no buzón do Club, ou ben por correo electrónico a info@natacionarteixo.com .

Pregamos a vosa asistencia.