O vindeiro venres 27 de outubro celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria de socios/as do Club Natación Arteixo. Será no Ximnasio do CEIP Ponte dos Brozos, ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria.
Puntos da orde do día:
1- Informe do Presidente
2- Balance deportivo.
3- Balance contable da tempada 2016/2017 e aprobación se procede.
4- Orzamentos da tempada 2017/2018 e aprobación se procede.
5- Propostas da Xunta Directiva e Socios.
6- Rogos e preguntas.
Os socios/as poderán enviar as súas propostas ou suxestións por escrito, ben no buzón do Club, ou ben por correo electrónico a info@natacionarteixo.com .
Pregamos a vosa asistencia e puntualidade