Este sábado 18 de xuño celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria de socios/as do Club Natación Arteixo. Será no Auditorio do Centro Cívico, ás 19:30.
Puntos da orde do día:
- Lectura e aprobación se procede, da Acta anterior.
- Informe da Presidenta.
- Propostas da Xunta Directiva e Socios.
- Proposta churrascada 18 de setembro de 2021.
- Balance deportivo.
- Balance contable Tempada 2018/2019 e aprobación se procede.
- Orzamentos presente Tempada 2020/2021.
- Eleccións á presidencia.
- Rogos e preguntas
- Dúbidas sobre a xornada de convivencia en Marín o 09/07/2021.
Os socios/as poderán enviar as súas propostas ou suxestións por escrito, ben no buzón do Club, ou ben por correo electrónico a info@natacionarteixo.com .
Pregamos a vosa asistencia e puntualidade