Asamblea Ordinaria 2019

Este sábado 16 de novembro celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria de socios/as do Club Natación Arteixo. Será no Auditorio do Centro Cívico, ás 11:00.

Puntos da orde do día:

1- Lectura e aprobación se procede, da acta anterior

2- Informe da Presidenta

3- Propostas da Xunta Directiva e Socios/as

4- Balance deportivo.

5- Balance  contable da tempada 2018/2019 e aprobación se procede.

6- Orzamentos da tempada 2019/2020 e aprobación se procede.

7- Lotería de Nadal e Sorteo de Cesta (entrega de talonarios)

8- Rogos e preguntas.

Os socios/as poderán enviar as súas propostas ou suxestións por escrito, ben no buzón do Club, ou ben por correo electrónico a info@natacionarteixo.com .

Pregamos a vosa asistencia e puntualidade