Asamblea 2014

Asamblea Xeral de socios/as do Club Natación Arteixo, terá lugar o vindeiro venres día 17 de outubro de 2014 ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria,  no salón de actos do Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias 46, co obxecto de  tratar o seguintes puntos da orde do día:

1-    Lectura e aprobación  se procede, da Acta anterior.

2-    Informe do Presidente, dos cambios nos membros da xunta directiva e outras cuestións.

3-    Balance deportivo.

4-    Balance contable Tempada 2013/2014 e aprobación se procede.

5-    Orzamentos Tempada 2014/2015 e aprobación se procede.

6-    Propostas da Xunta Directiva e Socios.

7-    Rogos e preguntas.

Os socios/as poderán enviar as súas propostas/suxestións por escrito, ben no buzón do Club ou ben por correo electrónico, info@natacionarteixo.com

Solicitamos a vosa asistencia e pregamos puntualidade

Grazas anticipadas pola vosa colaboración.