Arteixo no Campionato de España Absoluto

Mañá venres comeza en Castellón o Campionato de España Absoluto, e por primeira vez, as cores do Club Natación Sarval Arteixo luciranse a este nivel.

Dúas nadadoras acadaron a mínima, cumpreuse para elas o que é o soño de moitos no mundo da natación. Trátase de Virginia Naya e Noelia Gómez, dúas xoves nadadoras que acoden ós Campionatos de España de categorías dende os 13 anos, pero agora trátase de outra cousa… seguir tanto tempo ó máis alto nivel non é un obxectivo doado de cumprir, mínimas cada vez máis difíciles e adestramentos cada vez máis duros.

Este fin de semana en Castellón compartirán piscina cos mellores talentos da natación a nivel nacional. Todo o esforzo terá merecido a… alegría.

Noelia participa en 200 braza e Virginia  en 50 bolboreta, probas que terán lugar o sábado e domingo respectivamente. Estas dúas referentes para o deporte de alta competición en Arteixo, vanse a Castellón acompañadas, sen dúbida, de todo o ánimo do seu club.

Para estar ó día dos resultados premede no enlace:

Web do Campionato

Prensa