Arteixo na Copa do Mundo de AA

O Club Natación Arteixo terá presencia mañan venres na Copa do Mundo de Augas Abertas con dous deportistas convocados co Equipo Nacional, Paula Otero e Mateo García. Esta importante competición a nivel internacional, na que se xuntarán os mellores de esta especialidade, será en Neom, en Arabia Saudita. A proba que nadarán Mateo e Paula será o 10K, e representará o punto de partida para unha importante tempada nesta especialidade de Augas Abertas, na que loitarán por formar parte dos equipos que representen a España nas competicións máis destacadas do ano 2025.

Os nosos deportistas xa están na zona de competición dende o martes, afinando a súa preparación con todo o equipo de cara a gran cita de mañana, poderemos seguir os seus resultados a traves da páxina de World Aquatics. Paula competirá ás 7:15 hora local (9:15), e Mateo 10:15 hora local (12:15).

Sorte e Ánimo!!

Web do CampionatoVer en Directo