Mañán e o domingo celébrase en Castellón o Campionato de España en Idade Escolar CSD (Categoría Alevín). A nadadora do Club Natación Arteixo Antía Gómez Taibo, foi convocada coa selección galega para nadar 100 e 200 costas despois da súa gran actuación na recente Copa Alevín celebrada en Ferrol.
Este campionato é por Comunidades Autónomas, estarán representadas 17 comunidades, 307 deportistas en total dos cales Galicia asiste con 9 nadadores e 8 nadadoras.
Desexámoslle sorte e que disfrute moito desta 1ª gran cita á nosa promesa Antía!!