A nadadora Alba Gómez Mesías acadou moi bos resultados no Campionato de España Junior celebrado en Cádiz esta fin de semana. Cabe destacar que foi finalista na proba de 200 braza, e estivo a dous postos de entrar nas probas de 100 braza e 200 estilos. Unha gran experiencia, esta competición, para esta nadadora que segue a subir escalóns na súa carreira deportiva.
Non era doado este reto, xa que é a pequena da categoría junior e acadara as súas mellores marcas no recentemente celebrado Campionato Galego desta mesma categoría. Foi superándose ó longo dos días que durou a competición, sendo a proba do domingo, o 200 estilos case a mellor.
Acadou os seguintes postos nas 6 probas nas que participou:
200 braza 19º junior, e polo tanto finalista, 10º por idade; 100 braza 22º junior, 12º por idade; 200 estilos 22º junior, 15º por idade; 50 libre 29º junior, 14º por idade; 400 Estilos, 27º junior, 18º por idades; 200 libre 34º junior, 20º por idade.
¡¡Noraboa Alba por ter chegado ata aquí, e polos resultados acadados, a seguir adestrando para melloralos en verán!!