Alba no Campionato de España Infantil

Esta xoven nadadora do Club Natación Arteixo, Alba Gómez Mesías, acadou nesta tempada, nada máis e nada menos que un total de 11 mínimas para asistir ó Campionato de España Infantil. Dito campionato celébrase dende mañá xoves ata o domingo na barcelonesa piscina da Barceloneta, e Alba nadará 6 probas, o máximo no que se pode participar:

100 costas (xoves 24), 100 libre e 400 estilos (venres 25), 200 libre e 200 estilos (sábado 26), e 50 libre (domingo 27). Movido fin de semana para Alba que leva moitas competicións ás costas, xa que participou nas ligas e nos Campionatos Galegos da súa categoría, e tamén nos Campionatos Galegos Absolutos.

Seguiremos atentamente os avances desta competición, que conta con eliminatorias e finais, enviándolle tódolos ánimos posibles a esta pequena gran nadadora. Para saber os resultados de forma case inmediata premede no seguinte botón:

Web do Campionato

¡¡Ánimo Alba, todo o EQUIPO está contigo!!