Alba no Campionato de España

A nadadora de categoría Junior, Alba Gómez Mesías, acadou moi bos resultados no Campionato de España celebrado en Terrassa durante os días 27, 28, 29 de febreiro e 1 de marzo. O máis salientable son as 3 finais nas que participou, os mellores rexistros na maioría das probas e ter acadado unha mínima para participar no Campionato de España Open de Primavera.

Alba empezou o seu primeiro día de competición coa proba máis longa e esixente, sen medo ó reto, entrou na final B mellorando a marca pola tarde e acadando o 14º posto con un tempo de 5.12.51. O mellor resultado da competición acadouno o domingo na proba de 200 braza, con un 11º posto, mellor rexistro persoal e mínima absoluta, 2.42.98. O luns participou en dúas probas, mellorou en 200 libre (2.11.46), quedando a un posto de entrar na final, 21º. En 100 braza acadou postos de finalista, nadando pola tarde en 1.17.22, 16º.

Grandes resultados para esta nadadora que volta con ganas de seguir traballando para seguir rompendo barreiras na súa carreira deportiva.

¡Noraboa Alba!

Resultados