Alba Gómez nos World Games

Unha das nadadoras máis destacadas do Club natación Arteixo, Alba Gómez Mesías, que tamén compite co Club de Salvamento, forma parte da Selección Española deste deporte para participar nos World Games en Birmingham (USA). Nadará este luns ás 00:00 hora española na proba de 200 obstáculos. Alba ten o récord absoluto desta proba en piscina de 50 e o récord junior en piscina de 25.

Esta será unha gran experiencia para Alba, e non dubidamos de que estará a bo nivel competitivo, xa que lle coincide coa súa preparación para o Campionato de España de natación que se disputará do 20 ó 24 deste mesmo mes. Podemos estar ó día dos seus resultados no seguinte enlace.

World Games