Alba finalista en Barcelona

Moi boas sensacións para a nadadora Alba Gómez Mesías que regresa do Campionato de España Absoluto con dúas finais absolutas e boas marcas ás súas costas. Foi en Barcelona, organizado polo Club Natación Barcelona dende o xoves 23 ata o domingo 26.

O xoves participou na proba de 400 libre, na que acadou o 39º posto con un tempo de 4.24.82. O venres tocoulle a proba na que ía mellor colocada nas inscricións, 200 braza, nadou pola mañá nunha boa marca, clasificándose para a final; pola tarde rebaixou esa marca e acadou o 12º posto, con un tempo de 2.32.88. O sábado, para rematar participou en dúas probas, o 200 estilos, 26º posto con 2.22.37; e 100 braza, no que tamén foi finalista, nadando pola tarde unha vez entre as mellores, finalizando en 16º posto con un tempo de 1.12.48.

Este foi para Alba o campionato antesala da que seguro será unha gran tempada, xa que case acabamos de empezar e xa obtivo moi bos resultados.

Noraboa Alba!!

Web do Campionato