Alba en Povoa

Alba Gómez Mesías participou esta fin de semana como integrante do Equipo do CGTD (Centro Galego de Tecnificación Deportiva) de Pontevedra no XI Meeting Internacional da Povoa de Varzim. Foron moi bos resultados para esta representación galega en Portugal, xa que acadaron o 3º posto da clasificación por equipos.

Alba obtivo posto de finalista A en tódalas probas nas que participou, con moi boas marcas. Foi ouro na proba de 200 libre, 4ª en 50 bolboreta e 100 libre, 5ª en 50 libre e 6ª en 200 estilos. Participou tamén nas remudas femininas e mixtas. Nas remudas femininas o Equipo do CGTD acadou dúas medallas, prata en 4×50 libre e bronce en 4×50 estilos. Nas remudas mixtas obtiveron o bronce en 4×50 libre e o 4º posto en 4×50 estilos.

Noraboa Alba!!

Resultados