Alba en Portugal

O equipo portugués Club Fluvial Portuense contará con catro nadadoras galegas para competir na súa Copa de Portugal por Clubs a principios de abril. Alba Gómez Mesías, do noso clubs será unha delas. Para prepararse e coñecer ó equipo co que participará na gran cita portuguesa, Alba viaxou esta fin de semana ó pais veciño para participar en tres competicións, todas de carácter rexional, nas que obtivo moi bos resultados de marcas.

Participou o venres en Póvoa do Varzim na proba de 50 Libre, o sábado en Coimbra en 100 braza e 50 Libre e o domingo en Aveiro en 50 Braza. Son moi salientables as marcas nas probas de 50 e 100 braza, nas que acadou mínimas para asistir ós Campionatos de España.

Noraboa Alba!!