Alba e Miguel Ángel Gómez Mesías viaxan hoxe coa Selección Galega Absoluta cara a Povoa do Varzim. Foron seleccionados xunto con outrs 16 nadador@s galegos para participar no XIII Meeting Internacional de Povoa do Varzim. Este evento que será en xornada de sábado e domingo con eliminatorias e finais, conta cada ano con unha gran presencia de deportistas de alto nivel de varios paises. É a primeira vez e varios anos que se convoca unha selección de categoría absoluta, e para o CNA é un gran orgullo contar coa presencia de Alba e Miguel, que nadarán catro probas. Miguel 50, 100, 200 braza e 50 libre; Alba 50, 200, 400 libres e 100 bolboreta.
Ánimo e sorte!!