Alba na Selección Española

Alba Gómez Mesías dará esta fin de semana un gran paso na súa carreira deportiva. Gracias á súa boa actuación no Campionato de España da celebrado en Gijón o pasado mes de marzo, foi seleccionada para un meeting internacional coa selección española,a Energy Standart Cup, o 6 e 7 de maio en Lignano, Italia. Alba participará en catro probas individuais, 400 estilos, 50, 100 e 200 braza, e a remuda de 4×100 libre.

O equipo español estará formado por 20 nadadores/as de categoría infantil e 20 de categoría junior. Está seleccionado para a mesma competición o nadador de Riveira, Manuel Tomé. Esta é unha moi boa noticia para a natación, dous representantes galegos a nivel internacional.

O nome do Club Natación Arteixo traspasa as fronteiras con Alba, Noraboa e Sorte!!

Podemos ver en directo a competición e estar ó día dos resultados: Web do Campionato