Alba Bronce no Open

Acaba de rematar un dos Campionatos de España máis importantes da tempada, o Open de Primavera. Celebrouse en Málaga dende o 7 ata o 11 de abril. A nadadora do Club Natación Arteixo, Alba Gómez Mesías, volta con un bronce como resultado máis salientable.

Foi un campionato duro, con 10 sesións en total, con eliminatorias, semifináis e fináis. Alba participou nun total de cinco probas; empezou o sábado nadando 50 braza, clasificouse 16ª para a semifinal e acadando o 15º posto absoluto. O domingo participou na proba na que máis destaca, 200 braza, nesta proba entrou en semifináis en 16º posto, pola tarde mellorou o seu rexistro pasando para a final de 14ª, proba que se celebrou ó día seguinte e na que acadou unha medalla de Bronce en categoría Absoluta Moza. Este mesmo día acadou o 9º posto da súa categoría en 200 estilos. O martes continuou a braza coa proba de 100, acadando o posto 16º para semifináis, e pola tarde o mesmo posto co que se garantizou unha praza na final que se celebrou o mércores xunto coas eliminatorias de 400 estilos, 4ª da súa categoría en braza e 6ª en estilos.

Alba soubo estar á altura desta complicada competición, obtivo bos resultados, pero sobre todo aprobou con nota no apartado de xestionar o seu esforzo e competir motivada e concentrada nas dez ocasións nas que se lanzou á auga (5 eliminatorias, 3 semifinais e 2 finais). Esta estupenda deportista empezou a súa andadura a nivel nacional no 2012, con este xa son 17 Campionatos de España, pero seguro que o mellor está por chegar.

Noraboa por estes resultados Alba!!

Web do Campionato