Como moitos de vós xa saberedes, a Piscina Municipal permanecerá pechada os próximos tres meses.
Ás tarefas de mantemento habituais, que obrigaban a un peche técnico dunha semana por estas datas, hai que engadir neste caso as obras de reforma da piscina e de conexión co novo edificio que se está a construír á súa beira. Calcúlase que a piscina abrirá de novo a finais de marzo.
O Concello de Arteixo está a colaborar co Club Natación Arteixo para que os e as deportistas deste club podan seguir o seu adestramento nas mellores condicións posibles e, así, facilitou tres rúas para os próximos meses na Piscina do Agra (Polideportivo Agra 1) na Coruña, e transporte nalgúns dos horarios.
O Club Natación Arteixo quere expresar o seu compromiso e a súa vontade para chegar con todos vos á mellor das solucións. É fundamental para, na medida do posible, reducir ao máximo as molestias que esta situación está a causar, a vosa colaboración e paciencia, que vos pregamos e agradecemos de antemán. Neste sentido, se algún pai/nai ten dispoñibilidade para acompañar ós nadadores no autobús que se poña en contacto co Club por teléfono ou correo-e.
Podedes descargar os horarios de adestramento no enlace seguinte enlace.