Ante todo, esperamos que todas as familias que compoñen este Club estean ben de saúde e ánimo.
O avance nas fases de desescalada permítennos empezar a realizar adestramentos presenciais en seco. Para a piscina teremos que esperar un pouco máis. No enlace quedan á vosa disposición os grupos e horarios, empezaremos en Rañal á espera da apertura das instalacións municipais.
Prégase a tódolos nadadores e nadadoras que no momento de chegada ó adestramento o fagan con mascarilla, as adestradoras encargaranse de proporcionar material para a limpieza de mans ó comezo e final do adestramento. Tamén é importante a asistencia con roupa e calzado deportivo.