A División de Honra como Campións

Onte na Piscina de Batallóns viviuse unha xornada inesquecible para o  Club Natación Sarval Arteixo. Ante duros rivais e cunha diferencia de tan só 2,5 puntos acadou o posto de campión de grupo e ascende a División de Honra, onde competirá entre os seis mellores equipos de Galicia na vindeira tempada.

A competición foi impecable en marcas, motivación, ánimo, respecto… traballo en equipo. Ningún nadador ou nadadora sentiuse só competindo, unha marea verde pola mañá e branca pola tarde, acompañáballe cada metro. E o resultado, aínda que reñido, foi xusto, porque os do Arteixo loitaron cada punto ata acadar unha pequena diferencia co Fluvial de Lugo:

C.N.Arteixo 649,5; Fluvial de Lugo 647; C.Marina Ferrol 553; C.N.Liceo 478,5; Portamiñá 476 e Ponteareas 450.

Resultados

Todos e todas puxeron a seu grao de area para acadar este histórico resultado, incluída unha grada tinguida de verde. Pero hai cousas que non se poden describir, hai que vivilas, por iso, hoxe, os protagonistas dese evento dedicámosvos unhas imaxes que valen máis que mil palabras e que vos permitirán sentir o 18 de abril do CNA.

Ver Video

20150418_ascenso2