80×100

Os deportistas do Club Natación Arteixo seguen a superar os seus retos persoais. O pasado sábado 11 de xaneiro asistiron a un adestramento especial: 80×100, batindo o récord de abril de 2011, cando fixeron 70×100.

Nesta ocasión contamos ademais coa presencia de Ángel Viqueira, que volve a adestrar e competir con nós despois de varios anos apartado da natación (¡¡benvido Ángel!!).

Aproveitando a ocasión e falando de récords, están anovados os de edades en piscina de 25 metros, coas marcas que levamos nesta tempada ata o campionato galego de inverno.

Descargar Records