6º Posto no Campionato Galego

O máis salientable, sen dúbida, deste Campionato Galego celebrado esta fin de semana en Ourense, é o traballo de equipo: a clasificación por club e os postos das remudas.

Clasificación Absoluta Conxunta, 6º posto, 7º posto na feminina e 6º na masculina. No caso do Equipo Junior, acadaron o 7º posto na clasificación masculina.

As remudas estiveron absolutamente emocionantes, tanto nas femininas, que acadaron tres cuartos postos, dous moi cerca da medalla; como na masculina, destacando esa derradeira remuda na que acadaron un ben loitado 5º posto, que marcou un gran remate deste Campionato:

4×50 estilos (8º masculino, 4º feminino), 4×100 libre (6º masculino, 5º feminino), 4×200 libre (9º masculino, 8º feminino), 4×50 libre (8º masculino, 4º feminino), 4×100 estilos (5º masculino, 4º feminino).

No plano individual, os nadador@s do Club Natación Sarval Arteixo acadaron un total de 17 medallas. 1 bronce en categoría Absoluta. 11 medallas en categoría Absoluto Mozo, 3 ouros, 7 pratas e 1 bronce. E finalmente 5 medallas en categoría Junior, 1 prata e 4 bronces.

Medalleiro

A nadadora de categoría Infantil Alba Gómez acadou 3 mínimas para asistir ó Campionato de España nas probas de 100 costas, 400 libre e 50 libre.

¡¡Noraboa EQUIPO!!

Galería de fotos FEGAN