Paula estréase co CNA

Esta tempada contamos coa incorporación ó Club Natación Arteixo dunha xoven promesa da natación, Paula Otero. Esta nadadora é compañeira de adestramentos da nosa veterana e emblema do CNA Alba Gómez, no CGTD de Pontevedra.

Paula estréase coas cores do Arteixo esta fin de semana. Formará parte dunha selección española que  asiste á Mediterranean Cup de Augas Abertas (Comen). Esta celébrase no circuito Larnaca Salt Lake, Chipre. Paula nadará o sábado día 5 a proba de 5 kilómetros en categoría infantil.

Ánimo e benvida ó CNA!!