O sábado pasado en Riazor, o Club Natación Arteixo participou na 2ª Xornada da Copa Galega de Clubs de División de Honra. Acadamos, coma na 1ª xornada, o 5º posto.
Nas remudas os nosos nadadores no 4×200 libre acabaron no 8º e 11º postos. As nadadoras, no 4×100 libre no 2º e 8º. Os tres derradeiros postos desta liga, que finalmente se xogarán a permanencia ou descenso, están bastante axustados, será importante o papel que fagamos tanto na 3ª xornada da fase preliminar, coma por suposto na Fase Final.
¡¡Noraboa equipo!!