Copa Galega Benxamín

Este sábado día 16 de xuño celébrase a Copa Benxamín, á que o Club Natación Arteixo accedeu pola clasificación nas sete xornadas de liga celebradas durante toda a tempada. O Equipo Benxamín nadará no grupo do 1º ó 8º clasificado, na liga clasificouse en oitavo lugar na conxunta. A competición será en Ferrol, organizado polo Club Natación Ferrol.

Os clubs participantes serán: C.N.Ferrol, C.N.Portamiñá, C.N.Galaico,C. Fluvial de Lugo, C.N.Liceo, C.N. Pabellón Ourense, R.C.N.Vigo, e o noso equipo, que estará formado por 20 nadadoras e 12 nadadores, con un total de 24 probas individuais e 8 remudas. Esta é unha competición na que se favorece a participación, por iso cada nadador/a só poderá participar nunha proba individual e en remudas.

A competición celébrase en sesión de tarde, comeza ás 17:00. A expedición sairá da Piscina de Arteixo ás 15:00 en autobús. Prégase puntualidade e acudir correctamente uniformados/as.

Ánimo e sorte Equipo!!

Convocatorias