4º POSTO NO JUAN VARELA

O Club Natación Arteixo participou este sábado no Memorial Internacional Juan Varela con moi bos resultados, acadando un 4º posto por equipos, oito medallas, e moitas MMP.

Acudiron un total de 16 nadadores e nadadoras de categorías infantil, junior e absoluta, acadando ese meritorio 4º posto conxunto, 7º na clasificación feminina e 6º na masculina.

Foron medallistas da competición, Eva Sánchez, Ana Veiga, Claudia Suárez, Mateo García e Miguel Ángel Gómez, que acadaron un total de 8 medallas, 1 ouro, 5 pratas e 2 bronces. A remuda, de 4×100 estilos mixta acabou en 5º lugar.

Destacamos tamén ó nadador de categoría junior, Manuel Varela, que acadou a marca mínima para asistir ó Campionato de España na proba de 200 costas.

Quedaron para os de Arteixo boas sensacións competitivas para encarar a última xornada de Liga Absoluta que se celebra o sábado que ven en Carballo.

Noraboa a tod@s polos resultados!!

Resultados