O sábado pasado celebrouse a 1ª xornada da Liga Galega de Clubs de División de Honra. Foi en ourense, en piscina de 50 metros en sesión de mañán, e contou coa presencia de 21 nadadores e nadadoras do Club Natación Arteixo, que nun complicado calendario de probas lograron acadar un salientable 4º posto. A puntuación fui a seguinte: Portamiñá 339, CN Pabellón 305, CN Ferrol 290, CN Arteixo 232, CN Galaico 209 e CN Fluvial 81. Destacamos os resultados das remudas nas que fomos, 4º e 11º feminino e 5º e 9º masculino en 4×50 libre, 4º e 9º feminino e 6º e 8º masculino en 4×100 estilos.
Quedan aínda dúas xornadas preliminares para colocarnos de cara á fase final, pero este primeiro resultado é moi positivo para o noso club competindo na división máis alta de Galicia.
Noraboa e a seguir mellorando EQUIPO!!


