3º Posto en Lugo

Este sábado foi un moi bo día competitivo e de convivencia para o Club Natación Arteixo. Asistimos ó 31º Trofeo Cidade de Lugo, e o máis salientable foi que acadamos o 3º posto por equipos na clasificación total.

Asistiron un total de 33 nadadores e nadadoras de categorías benxamín, alevín, infantil e junior, o que resultou unha gran oportunidade de convivencia entre os deportistas do Arteixo de tan diferentes idades. O Trofeo foi un éxito de organización por parte do anfitrión, o Club Fluvial de Lugo, nunha xornada que reunía a máis de 300 nadadores/as.

Acadamos o 3º posto na clasificación masculina, 2º na feminina e 3º na conxunta, con un total de 17 medallas, 6 ouros, 7 pratas e 4 bronces de Alex, Aarón, Manuel Varela, Ricardo, Claudia Carballido, Claudia Suárez, Eva, Nuria e Paula. Na remuda de 8×50 libre, moi interesante xa que mezclaba un nadador e unha nadadora de cada categoría, acadamos o 9º posto.

Noraboa a tod@s!!

ResultadosMedalleiro