Este sábado celebrouse en Vigo, organizada polo RCNV, a 2ª xornada da Liga Galega de Clubs de División de Honra. O CNA obtivo un meritorio 2º posto na clasificación, que nos deixa en boa posición para encarar a última xornada da fase preliminar que será no mes de marzo.
A puntuación da xornada foi a seguinte: 1º C. N. Portamiña Lugo 296, 2º C. N. Arteixo 247, 3º C. N. Ferrol 214, 4º Real C. Náutico de Vigo e C. N. Pabellón Ourense 209, 6º C. Fluvial Lugo 130.
Sumando esta xornada á anterior celebrada en Ourense no mes de novembro, a clasificación desta fase preliminar queda de momento como segue: 1º C. N. Portamiña 14 puntos, 2º C. N. Arteixo 9, 3º C. N. Pabellón Ourense 7,5, 4º C. N. Ferrol 7, 5º RCNáutico de Vigo e 6º C. Fluvial Lugo 2.
O ambiente competitivo foi moi bo, sen baixar o nivel en ningún momento da tarde, con boas marcas persoais tanto en individual como nas remudas. Seguiremos adestrando con ilusión para loitar na 3ª xornada por ese posible posto entre os tres primeiros clasificados que nos daría a oportunidade de loitar por estar entre os mellores de División de Honra.
Noraboa a tod@s!!