2º Posto na Liga de Clubs

Este sábado competimos en Carballo a derradeira xornada da Fase Preliminar da Liga de Clubs, con un moi apretado pero exitoso resultado para o Club Natación Arteixo. Acadamos o 2º posto da xornada e polo tanto, tamén o 2º posto na clasificación desta primeira Fase e que nos leva a loitar polo ascenso ou polo título de 1ª División o vindeiro 9 de maio, na Fase Final. Esta será, como xa ven sendo habitual, unha emocionante da nosa natación como Equipo, xa que xuntaremos todas as nosas forzas individuais para acadar o mellor posto posible para o Club Natación Arteixo.

A clasificación da xornada do sábado foi a seguinte:  Fluvial de Lugo 248, CN. Arteixo 233, SC. Casino 232, A.D. Fogar 232, , Rías Baixas 2, CN. Coruña 1. E polo tanto a clasificación total da Fase Preliminar de 1ª División queda da seguinte forma: Fluvial de Lugo 21, CN. Arteixo 14, SC. Casino 12,5, A.D. Fogar 9,5, CN. Coruña 5, Rías Baixas 4.

Noraboa e vémonos en maio!!

Resultados