O sábado foi un moi bo día competitivo e de convivencia para o Club Natación Arteixo, onde tivemos ocasión de compartir competición nada máis e nada menos que catro categorías xuntas. Dende alevíns ata absolutos sumaron boas marcas e motivación suficiente para que o Natación Arteixo acadara o 2º posto por equipos na clasificación conxunta.
Acudimos con un total de 28 deportistas, obtivemos moitas MMP, varios récords do club, e un total de 19 medallas, 8 ouros, 5 pratas e 6 bronces. Os medallistas foron: Paula Otero, Mateo García, Manuel Varela, Eva Sánchez, Alba Gómez, Alejandro Varela, Claudia Suárez e Paula Rodríguez. As remudas foron mixtas, acadamos un bronce en 4×50 estilos e un 4º posto en 4×50 libre. Mateo García e Paula Otero acadaron o 2º posto por suma de puntos FINA do Trofeo.
Esta competición foi a última como club desta tempada, foi un gran colofón para este gran 23-24 cargado de éxitos deportivos e de mellora de todos os grupos de adestramento.
Noraboa Club Natación Arteixo!!