2º Posto de División de Honra

A competición de este sábado na Piscina de Frigsa, en Lugo, foi unha vez máis unha gran ocasión para sacar o mellor do noso equipo. O Club Natación competía polo Título, e coa seguridade de ter a permanencia asegurada polo bo traballo feito durante as tres xornadas preliminares, os nosos deportistas competiron con seguridade e confianza.

Acadamos o 2º posto, detrás dun imbatible C.N. Portamiñá, que acadou 426 puntos, C.N. Arteixo 317 e C.N. Ferrol 312, foi polo tanto unha loita apretada co equipo ferrolano, gran rival que sacou de nos o mellor que levávamos dentro. A competición pola Permanencia tamén foi bastante trepidante e a clasificación foi a seguinte: C. Fluvial De Lugo 398, C. N. Pabellón Ourense 362, Real C. Náutico De Vigo 307, a nosa noraboa ó Fluvial de Lugo.

O nivel de marcas foi moi bo tanto en remudas coma en probas individuais, con moitas MMP e varias mínimas de Campionatos de España, Miguel Gómez en 100 braza, Alba Gómez en 50 libre e 100 braza.

Agradecemos moito o apoio recibido nesta competicón pola grada de acompañantes, tanto pais, nais, compañeir@s de adestramento, exnadador@s, pequenos… esto da conta do EQUIPO que conforma o Club Natación Arteixo, enorme orgullo e forza para seguir con novos retos tanto de adestramento coma competitivos.

Noraboa!!

Resultados